A Arte de Saber Escoitar

Escoitar de forma adecuada é unha arte que dominan moi poucas persoas. Temos a certeza que escoitamos de forma correcta, sen embargo, a realidade é ben diferente.
Escoitar de forma efectiva, supón un esforzo mental e físico, supón estar centrado na totalidade do mensaxe, co fin de captar o significado do mesmo. Para que a escoita sexa efectiva ten que ser activa, esa é a única forma que nos permite centrar a nosa atención no que escoitamos, captar o seu significado, e interpretar correctamente a información que nos está enviando o noso entorno.

Cando estamos interactuando cara a cara, debemos de confirmar, tanto co noso linguaxe verbal como co corporal que estamos percibindo o significado do mensaxe que se nos está enviando.

Debemos de ter en conta que con a nosa voz transmitimos información, pero co noso corpo, ademais de información, transmitimos emocións, actitudes, estados de ánimo e sentimentos. Si se escoita con atención, conséguese o principio psicolóxico da reciprocidade, os demais tamén o farán con nós do mesmo modo.
Este dobre efecto, contribúe a que a comunicación gane en precisión, intensidade, densidade e multiplicidade; ademais, se queremos levar as rendas da conversación, é moi importante escoitar e observar antes de falar, e pensar antes de actuar.
Escoitar de forma activa debese de converter na principal ferramenta da nosa actividade comunicativa. Por ese motivo, é moi importante aprender a escoitar, xa que realizalo de forma ineficiente é moi custoso, tanto económica como socialmente

Principios da escoita activa:
1. Debemos de aprender a calarnos, tanto verbal como mentalmente.
2. Debemos de deixar que o noso interlocutor acabe de falar.
3. Debemos de intentar comprender o significado do que nos di, do que cala e de que quere dicir.
4. Non debemos de dar nada por suposto, é necesario preguntar para aclarar todo o que consideremos oportuno.
5. Debemos de descubrir as palabras claves que vertebran o discurso, memorizalas e retelas.
6. Debemos de contribuír a creación dun clima agradable, que facilite a escoita e reduza a tensión.
7. Debemos de escoitar de forma activa para estimular a outra persoa a dar o mellor de si mesma.
8. O escoitar de forma adecuada, da seguridade, permite aprender, tomar decisións máis acertadas, ter máis tempo para pensar e contar con máis variables para interpretar a realidade.

Na actitude de escoitar de forma activa, vamos a encontrar parte das claves para entender os demais, para que os demais nos entendan a nós, para xerar confianza, para disfrutar dunha comunicación eficaz e por suposto, para aprender, desaprender e ensinar.

Escoitar de forma activa, serena e profunda é unha habilidade que está presente na conduta das persoas entrañables e intelixentes, eles son conscientes, que ten dous ouvidos, dous ollos e unha soa boca, nese sentido, escoitan e observan o dobre do que falan. Ten a gran virtude de escoitar sen xulgar, propor sen impor e de ensinar a escoitar.

Cando na túa traxectoria vital tes a fortuna de encontrar un artesán: humilde, sinxelo, agradable e atento; que por un tempo, o deixa todo, fala cos seus silencios, observa e escoita, sentes unha sensación de fluidez e de benestar, que é moi difícil de expresar por medio de palabras. Cóidao porque tes un tesouro.


Artículo escrito por Manuel Rivero, profesor de Habilidades Directivas en Escuela de Finanzas, anteriormente Director de Formación Galicia-Asturias del BBVA.

Link al artículo en GaliciaDixital. Descargar el artículo en PDF.